Barallobre terá festas do patrón

Barallobre terá festas do patrón

15 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ninguén o esperaba, pero Barallobre celebrará as festa de Santiago Apostol e o Carme na fín de semana do 25 e 26 de xullo. O día 25 adicado ao patrón haberá misa solemne ás 12, seguida da sesión vermout que amenizará o grupo Aleluya, o mesmo que tocará na verbena xunto co Dúo Sesión. Todo grazas ao traballo de última hora que asumiu Jaime Balsa Vale, que estes días vai de casa en casa xuntando un presupest

Festa do Carme en Barallobre

A Jaime Balsa, relacionado coa xestión do ambigú da Liga de Amigos de Barallobre, non lle cocía no corpo que Barallobre quedara sen festas. O domingo 26 de xullo, Barallobre adica a xornada á Virxe do Carme por iso empezarán o día coa procesión que sairá ás 10,30 da mañá da igrexa en dirección ao peirao de onde partirá a procesión marítima unha hora despois. A misa do Carme celebrase ás 12,30h. A orquestra Gran Atalanta amenizará as pezas do mediodía e a verbena. Pola noite compartirá escenario co Dúo Sesión. Balsa asegura que, aínda sendo modestos os grupos convidados, non decepcionarán á xente.

Fene tamén celebra o Carme

Fene celebra mañá a festa do Carmen. As orquestras Trebol e JJyson amenizarán na pista de Fonte do Campo as pezas e verbena do 16 de xullo. A celebración comezará coa misa ás 12,30 e a sesión de fogos do mediodía. O grupo de gaitas Berros do Castro animará as rúas fenesas xa esta tarde de víspera.

Sociedade