Beatriz Seijo exporá en Ferrol en Semana Santa

Beatriz Seijo exporá en Ferrol en Semana Santa

19 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A sua fascinación pola luz de Sorolla ou pola fantasía de Goya, nótase na obra da pintora de Fene (A Coruña), afincada en Salamanca, Beatriz Seijo, segundo os críticos. Na actualidade traballa cunha beca como profesora colaboradora de “Estimulación da aprendizaxe” na Facultade de Bellas Artes da Universidade de Salamanca.

Beatriz Seijo ven de clausurar unha exposición en Santiago de Compostela “Gotas de auga ” que virá pronto a Ferrol, probablemente en Semana Santa poidamos vela na Sala da Autoridade Portuaria, quizás con algunhas novas incorporacións. 
A pintora fenesa traballa no estudio, preparando xa unha nova mostra que inaugurará en Salamanca, cidade na que reside.

Sociedade