Beber ás agachadas

Beber ás agachadas
28 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene



Enganos, remorsos e illamento das persoas queridas. Son algunhas das experiencias que viven as persoas alcohólicas que compartiron coa audiencia de Radio Fene María José e Miguel, do Grupo 24 horas Alcohólicos Anónimos 

ESCOITA O PODCAST:

“Bebía sempre ás agachadas na última etapa, nos últimos anos antes de entrar no Grupo. Tiña medo de que me rifaran e non era quen de deixalo. Sentíame moi fracasada”, sobre todo cando naceu a súa filla, contounos María José. 

“Tamén eu bebía ás agachadas. É un sufrimento para ti e para as persoas coas que convives. Enganas. Moléstache que cho digan. Íllaste das persoas que te queren e que che din a realidade. Afástaste dos amigos de verdade”, relata Miguel 

O Grupo 24 horas Alcohólicos Anónimos ten o seu local en Ferrol, na rúa da Mercede, 11 baixo, na zona do porto. O seu  correo electrónico é ferrolterra@aa24horas.com e tamén teñen unha páxina de Facebook.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora