Beiras: “Isto está en marcha”

Beiras: “Isto está en marcha”

01 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xose Manuel Beiras e Xoán Báscuas escenifican a confluencia no Novo Proxecto Común. "Isto está en marcha" afirma o histórico dirixente nacionalista, restandolle importancia ás diferencias de ritmos que queren imprimir as distintas forzas que  cooperan na construción dunha formación política diferente ás existentes. Beiras, Báscuas e Rivera Arnoso presentaron publicamente a Asemblea Nacionalista de Ferrolterra.

Xosé Manuel Beiras asistíu á presentación da ANF no Centro Cultural Carballo Calero (Ferrol A Coruña) para resumir nunha frase que “isto está en marcha”. Mañá sábado dia 2 de xuño, representantes das asambleas nacionalistas conformadas en 20 comarcas, reuniránse en Santiago para formar unha coordenadora nacional. Xosé Manuel Beiras afirmou que non hai presa porque “este é un proceso para durar” pero hai premura porque aspiran a ser unha alternativa nas próximas eleccións á Xunta.

O líder do Encontro Irmandiño afirmou, referíndose á xente que está conformando esas Asambleas Nacionalistas nas comarcas galegas, que “aquí as siglas non valen, cada quen é do seu pai e da sua nai” para reforzar a idea de que o novo proxecto ten que nacer dende abaixo. Beiras defende que, no novo ciclo político, as formas de organizarse teñen que ser “en rede” e cando menos durar 25 anos.  
Acabou a sua intervención en Ferrol, diante dun público moi variopinto, afirmando que hai que mudar aquel berro de guerra que decía “Con este goberno, ímos de cú” por este outro: “Con este sistema, ímos de cú”.

Sociedade