BellónMaceiras Melodías

O libro de partituras dos músicos feneses está a punto se sair
14 de Decembro, 2020 - 10:08 h. | Publicada por Radio Fene

Dani Bellón e Diego Maceiras presentan o libro de partituras "BellónMaceiras Melodías" con doce composicións propias procedentes dos seus tres CDs. Serán moi útiles para os músicos.

ESCOITA O PODCAST:

A punto de saír está “BellónMaceiras Melodías” o primeiro libro de partituras con composición propias dos músicos feneses incluídas nos seus tres primeiros CDs. En breve estará dispoñible na súa tenda online ou na propia escola de música que rexentan en Perlío. As persoas que queiran reservalo poden facelo nas súas redes ou en escola@bellonmaceiras.com. Recoñece Dani Bellón que “o libro de partituras é froito dunha petición popular. A xente pedíanos as partituras e é importante que podan facer uso delas, para estudalas ou para tocalas”. “Bellón Maceiras Melodías” son doce composición propias recollidas dos discos  Unión das terras, Folkfusión e TEN. Á súa vez cada partitura ten diferentes versión para tocar en harmonía a piano, guitarra…Tamén partituras só para acordeón, só para gaita (nos dous sistemas de lectura) ou só para saxofón. Na escola de música de Perlío xa se ven tocando parte deste repertorio dependendo do nivel do alumnado. “Só faltaba poñelas en orde e publicalas neste libriño” explica Dani Bellón.

Sobrevivir na pandemia

A crise sanitaria afectou, como non, a actividade musical de Dani Bellón e Diego Maceiras nas súas múltiples facetas. É difícil compaxinalo todo. A escola respondeu ben á nova situación. “A xente non fixo unha espantada xeral” declaran. Nos primeiros meses seguiron coas clases online. No mes de setembro reanudaron as clases presenciais, adoptando medidas de seguridade con grupos reducidos ou celebrando clases no local veciñal de Perlío cedido pola asociación. Tamén aplicaron sistemas de ventilación,etc. Todas as actuacións colectivas que facían mensualmente na escola  están canceladas. “A xente quere compartir pero agora non se pode” afirman os músicos feneses. Continúan con clases semi presenciais e semella que por uns meses vai seguir sendo así. En relación coas actuacións do dúo, teñen algo programado para xaneiro pero é unha incógnita se poderá facerse. No pasado mes de xullo musicaron unha poesía con Alex Insua na voz, con xente de Xanceda. E teñen un proxecto teatralizado “O son das buguinas”  que non deron rematado. Paralelamente están gravando un novo disco con novas composición. “estámolo gravando na casa nun estudo caseiro”.

 

(Na imaxe, Dani Bellón)

Cultura

Publica o teu comentario agora