BellónMaceiras no Alalá

BellónMaceiras no Alalá

24 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mañán mércores 25 de maio sobre as 22:30, podemos ver o programa Alalá da TVG adicado a BellónMaceiras, no que tanto Dani coma Diego contarannos os proxectos nos que traballan (Escola de Música, BM dúo, BM quinteto......), así como distintos aspectos do seu día a día personal e demáis curiosidades.

O exitoso dúo BellónMaceiras sigue presentando a ultima proposta musical, unha volta de folla do seu traballo discográfico, Unión das Terras. Nesta andaina o dúo reforzase co acompañamento de novos instrumentos como o contrabaixo, guitarra, percusión ou saxo.
Nesta nova aventura, son capaces de trasladarnos nunha viaxe musical por distintas terras do mundo ao xeito galego, como fixeron sempre os nosos emigrantes. Percorrendo Arxentina, Portugal, Bretaña Francesa, Oriente Medio, países do leste, Rusia, Euskadi… e por suposto Galiza. Ademáis de amosarnos dende o seu punto de vista estas culturas, tamén podemos ver melodías de composición propria que misturan a tradición xunto cos cortes máis contemporáneos da música galega.

Os músicos do quinteto son: Daniel Bellón (gaita e saxo tenor), Diego Maceiras (Acordeóns), Cabe (guitarra), Miguel Lamas (Batería), e Juan Tinaquero (Contrabaixo e baixo).
O duo Bellón Maceiras inauguraba este ano 2011 en Rusia, actuando nunha catedral e no Centro Cultural Pokrovka de Moscú, o 3 e 4 de xaneiro. Na axenda de concertos, o quinteto andará nos meses de xuño e xullo por terras de Segovia, Victoria, Zaragoza ou Navarra, na Xira AIE. E tamén en Portugal. Mañán ás 10 da noite podemolos ver no programa Alalá da TVG, que pravaron na sua escola de música en Perlío.

Sociedade