Ben.Estar.Coidando.

Ben.Estar.Coidando.

27 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Con 19.000 € subvenciona a Deputación da Coruña o Programa “Ben.estar. coidando” que o Concello de Fene desenvolve cada ano a través dos SS SS e  destinado ás persoas coidadoras de persoas dependentes.  15 persoas (10 mulleres e 5 homes) participan na terceira edición do programa que se puxo en marcha o pasado 13 de abril.

A psicóloga responsable da área municipal da Muller, Eva Sayago, explica quen  “ Ben estar .coidando” diríxese a aquelas persoas que se responsabilizan do coidado doutras persoas dependentes. Ese labor non sempre é doado e, en numerosas ocasións, supón unha gran fonte de tensión, tanto física como emocional. Por iso neste programa dótase ás persoas coidadoras das habilidades precisas nuha e noutra dirección.

A razón de duas sesións semanais na casa da Cultura, váise impartindo o curso- obradoiro que permite ás persoas participantes dotarse de coñecementos teóricos e prácticos para mellor coidar aos seus familiares. Cada quince dias asisten á Aula de respiro. No verán está programado un ciclo de películas relacionadas co tema, que se proxectarán nas diferentes sociedades de Fene, o mesmo que un total de 16 charlas participativas.

No mes de setembro concluirá o programa coa realización de prácticas nun centro próximo da comarca. O ano pasado foi na Residencia mixta de maiores de Caranza en Ferrol. 

Sociedade