Berros do Castro representará o patrimonio inmaterial en FITUR

Berros do Castro representará o patrimonio inmaterial en FITUR

11 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os dias 21 e 22 de xaneiro os Berros do Castro actuarán en FITUR (Madrid) para o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente. Doce grupos de desenvolvemento rural de Galicia, Castela e León, Cantabria, Extremadura e Andalucía, pretenden amosar, co traballo de Berros do Castro, o proxecto de cooperación territorial INTERRITMOS. A finalidade deste proxecto é a de recuperar o patrimonio inmaterial como un recurso máis para o desenvolvemento do noso m

O traballo que está a desenvolver o grupo Berros do Castro no eido da recuperación do património inmaterial, particularmente no eido da musica tradicional das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, leva a que doce grupos de acción local (278 concellos) os poñan de referente na Feira Internacional de Turismo en Espana – FITUR. O traballo que está a desenvolver o grupo Berros do Castro no eido da recuperación do património inmaterial, particularmente no eido da musica tradicional das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, leva a que doce grupos de acción local (278 concellos) os poñan de referente na Feira Internacional de Turismo en Espana – FITUR.

O grupo acaba de presentar recentemente o seu disco Eirexado s/n, co que pretenden engadir valor ao proxecto, no que é difusión e conservación de melodías que, nalgún caso, poderían quedar esquecidas na memoria e nas partituras dos seus informantes.

Sociedade