A biblioteca de Fene sopra 30 velas.

A biblioteca de Fene sopra 30 velas.

19 de Marzo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O xoves 21 celébrase o 30 aniversario da Biblioteca municipal Xosemaría Perez Parallé, de Fene- A Coruña. O alcalde en 1983, Xosé Mª Rivera Arnoso e o concelleiro de Cultura do momento, Xosé Piñeiro, están convidados especialmente a ese acto, o mesmo que a primeira bibliotecaria das instalacións, Mar Fontela. Outras personalidades do mundo da cultura da comarca acudirán á cita que contará con poesía, m&uacut

A de Fene foi a segunda biblioteca municipal da comarca, despois de Neda, e co paso dos anos foise adaptando aos novos tempos, creando un espacio infantil, un rincón para o cine e a musica, e introducindo as novas tecnoloxías que conviven cos fondos tradicionais, os libros, segundo a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa. O acto do aniversario deste xoves 21 ás 7,30 da tarde  realizarase nas mesmas instalacións da biblioteca, na Casa da Cultura.

A Biblioteca municipal de Fene ven de cumprir 30 anos o pasado 4 de marzo. O concello váino celebrar cun acto institucional esta semana e con moitas actividades distribuídas ao longo deste ano 2013. A biblioteca municipal fenesa abría as suas portas o 4 de marzo de 1983. Mar Fontela afirma que "eran tempos de moitas ideas e proxectos para este tipo de instalacións" Os bibliotecarios da zona reuníanse para intercambiar experiencias e mesmo chegaron a publicar unha revista. Fontela lembra como se fora hoxe aquel acto institucional presidido polo alcalde Rivera Arnoso, o concelleiro de Cultura do momento, Xosé Piñeiro e dous ilustres, Xosémaría Pérez Parallé e Filgueira Valverde.

Os primeiros libros chegados á biblioteca fenesa procedían da Deputación provincial e do Ministerio de Cultura. Moito libro infantil , moito cómic e novelas. E cos libros, a chegada dos primeiros socios. Lembranzas dos primeiros pasos da biblioteca municipal de Fene que serán lembrados no acto do aniversario o xoves 21 e con diferentes actividades dinamizadoras, durante todo o ano 2013.

Sociedade