As bicis tamén son para a primavera

As bicis tamén son para a primavera

06 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

As 11.30 horas partiron os cicloturistas que participan na V Marcha Ciclista Popular do Concello de Fene que percorreu parte do termo municipal fenés nun circuito urbán de 17 quilómetros. Os participantes sairon da avenida do Concello e percorreron Fene, Perlío, San Valentín e Barallobre para volver a Fene.

Os inscritos na marcha tomaron parte no sorteo de agasallos ao remate da proba. Arredor dun cento de ciclistas tomaron parte na saída. A marcha ciclista popular de Fene está organizada polo Concello fenés a través da súa concellería de deportes.

Deportes