ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O centro comercial aberto Centro Príncipe acaba de entregar os premios do concurso de fotografía Bicos de Película, un certame co que se pretendía dar unha visión distinta do tradicional Día de San Valentín a través das imaxes máis emblemáticas e románticas da historia do cinema. O xurado decidiu outorgarlle o primeiro premio á foto "Del vao a la eternidad", de Patricia Pedrido, mentres que "Siempre nos q
Patricia Pedrido asegura que pasaron moito frío mentres facían a foto, tanto que mentres eles se colocaban en traxe de baño á beira da praia quen se encargaba de inmortalizar o momento ía con bufanda. O primeiro premio consiste nunha noite de hotel para dous no Talaso Atlántico de Oia.
O xurado elixiu a foto de Patricia Pedrido non só polo gran parecido cunha das escenas máis románticas da película "De aquí a la eternidad", dirixida por Fred Zinnemann en 1953, senón tamén polo esforzo feito polos protagonistas, desafiando ao frío, o vento e as baixas temperaturas para facer realidade un dos fotogramas máis emblemáticos da historia do cinema e trasladalo a un escenario tan vigués.
Laura Sampedro estaba a ver un vídeo no que saía coa súa parella cando se lle ocorreu a foto ideal para enviar ao concurso. A foto premiada, "Siempre nos quedará Vigo", foi a elixida polo xurado para recibir o segundo premio polo emblemático do filme ao que imitaba, o gran parecido e o romanticismo que desprende a imaxe. O premio consiste nun cheque regalo: unha cea romántica para dúas persoas no restaurante Gurpegui Gastrobar.