ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Grazas as auditorías e balances de contas, podemos coñecer ao detalle o valor real de calquera empresa. As análises sobre as cifras permiten entender o porqué do liderado de Inditex no téxtil ou os motivos detrás da fusión das caixas de aforro galegas. De igual maneira, acotío fálase da riqueza que supón para o país o seu medio rural. Porén non eramos quen de cuantificalo. Mais agora, o proxecto Bioes2, liderado pola Fundaci
Bioes2 aspirar a fixar unha fórmula para valorar economicamente todas as achegas do medio rural á sociedade e, especialmente, ás zonas máis desenvolvidas, co fin de impulsar futuros proxectos innovadores. Esta metodoloxía traducirase nunha ferramenta informática, que facilitará o cálculo do valor económico de calquera zona ou comarca rural. Ademais, segundo explicou a Radiofusión o xerente de AGACA, Higinio Mougán, con esas análises, os traballadores do rural poderán “quitar o lastre de que é unha zona que recibe axudas a cambio de nada”.
O estudo circunscribiuse ás comarcas de Ordes e O Deza, no caso de Galicia, e ás subcomarcas de Alto Palancia e Els Ports, na Comunidade Valenciana. A elección vén motivada polo contraste: as zonas de Castellón, moi deprimidas e con baixa densidade de poboación, acadaron un Valor Económico Total duns 100 millóns, arredor de 1.000 menos que as galegas, moito máis poboadas.
Para calcular o valor do rural non abonda con atender aos balances da explotación económica en forma de granxas, cultivos ou turismo, o chamado uso directo. É preciso tamén ter en conta o “valor de non uso”, isto é, o propio valor de manter a paisaxe, a tradición e a cultura. Ademais existe un valor de opción, referido a servizos ambientais que agora non se coñecen pero si se poderían aproveitar no futuro, sendo un exemplo actual o negocio eólico, apenas explotado hai poucas décadas. E finalmente, existe tamén un “uso indirecto” de conservación do medio que non se remunera, mais no que cabe investigar para ver se é posible obter rendibilidade económica de feitos como a “recollida micolóxica”.