ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Esta obra divídese en tres partes. Na primeira, Blanca Marsillach realiza unha pequena introdución sobre a autora da obra e fala en primeira persoa das súas experiencias como muller dentro dunha industria "primordialmente machista".
Unha vez rematado o monólogo, realízase o pase da obra. "Buscando a Hillary" e unha comedia onde Hillary, avogada de éxito, está estancada aos seus corenta anos nun punto decisivo da súa vida. Ela sospeita que existe unha forma mellor de vivir e que xusto non pode ser o que foi ata agora. Estes pensamentos inician o proceso de acordar ao coñecemento de quén é ela realmente. E mentres loita por atopar o camiño de volta á cordura, está confrontada co seu propio autodemo e ego, Wilpuck
Pero a representación non remata coa baixada do telón, xa que as persoas que participan na obra permanecen no escenario para responder as preguntas que o público poida ter. Ademais, as persoas asistentes serán invitadas a participar activamente e intentar vencer os seus medos e inseguridades da man das e dos artistas, a través dunha serie de exercicios cos que se pretende incrementar a súa confianza e autoestima.