BNG: “O Estado desenténdese do saneamento da ría de Ferrol”

BNG: “O Estado desenténdese do saneamento da ría de Ferrol”

23 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha estafa, un engano para a cidadanía e para os concellos nos que recae finalmente o pago das mesmas”. Eran as palabras vertidas, polo portavoz do BNG en Narón, Pablo Villamar, sobre o convenio para o financiamento das obras de saneamento da ría. O nacionalista xunto co seu homológo no concello de Ferrol, Iván Rivas, avaliaron este mediodía, na urbe naval, os aspectos deficientes deste acordo e que o fan “inasumible”.

Pablo Villamar explicou que, segundo o informe, non se fala de obra senón de “rehabilitación ou substitución do interceptor xeral...”. Ademais, apuntou, “non se inclúe o tramo desde o Cadaval ata Xuvia, deixando a Narón sen atender”. O voceiro nacionalista destacou a procedencia fixada para o finaciamento da obra. Dos 37 millóns que custa a infraestrutura, 30 pagaranse con fondos europeos e o Estado traslada o pago do restante, un 10 % a Augas de Galicia e outro tanto aos concellos de Narón e Ferrol. Villamar afirmou que é o Estado que ten que asumir esta cantidade para non deixar hipotecados, de por vida, aos dous concellos. Por riba, asegurou, o convenio non aclara quen xestionará as obras.

Pola súa banda, Iván Rivas, declarou que o goberno municipal de Ferrol quere asinar este acordo co que se retrasará a súa execución ata finais de 2015.

Institucional