Boas capturas no arranque da campaña da ameixa na Confraría de Barallobre

Boas capturas no arranque da campaña da ameixa na Confraría de Barallobre

12 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Arredor duns 60 mariscadores sairon a faenar no primeiro día da campaña de ameixa na Confraría de Barallobre. Todas as zonas da ría permanecen abertas agás a de O Baño e Punta Redonda. Neste primeiro día de capturas recolléronse 550 quilos de ameixa babosa e algo de berberecho. Na subasta os prezos do moslusco oscilou entre os 8 euros, a especie máis pequena, e os 16 as de maior tamaño.

Nesta xornada o número de capturas aumentou coa incorporación das mariscadoras a pé: ameixa babosa, xapónica, fina e berberecho. Á espera da subasta, prevíase o prezo mínimo de 10 € declarou en Radio Fene o vicepatrón maior da Confraría de Barallobre, Manuel Bañobre. O pósito fenés acolle con grandes expectativas esta nova temporada de extracción que lles permitirá faenar cinco días durante as catro vindeiras semanas. Ademais está previsto unha prórroga dunha ou dúas semanas de agosto para aproveitar estas datas de verán cun calendario cheo de festas.

Sociedade