Boicot a President e Lauki

Boicot a President e Lauki

22 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo de Galicia acordou iniciar un boicot contra os produtos de Lactalis tras manter onte unha reunión coa industria que se pechou sen ningún avance. Lactalis negouse a subir o prezo do leite na granxa, segundo a Plataforma, polo que os gandeiros decidiron iniciar unha campaña de boicot contra o fabricante de marcas como President ou Lauki.

Desde a Plataforma sinalan que dispoñen das certificacións que acreditan que cadeas da distribución como Carrefour e Alcampo subíronlle 2 céntimos nos pagos a Lactalis polo leite de marca branca, polo que consideran que polo menos esa cantidade debería repercutir sobre os produtores.

Diferentes actitudes

Lactalis ofreceu unha subida a partir de abril, cando finalicen os actuais contratos asinados cos gandeiros, pero a Plataforma considera que apelar aos contratos asinados é unha escusa, sobre todo cando outra industria, como Celta, si aplicou este mes un complemento de 0,5 céntimos nos contratos en vigor.

Sociedade