Bolboretas e avelaíñas

Bolboretas e avelaíñas

17 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Bolboretas, paxarelas, papoias e avelaíñas. Son os diferentes xeitos de denominar a unha mesma especie de insectos voadores. Pero as Bolboretas son tamén un grupo de canto e baile de música tradicional en Barallobre (Fene A Coruña). No local da Liga de Amigos reúnense todos os venres pola tarde nenas, rapazas e maiores para aprender a tocar a pandeireta, bailar e cantar como se fixo sempre.

Na Liga de Amigos de Barallobre celébrase este sábado o Primeiro Encontro de Cantareiras. Gisela Sanmartín dirixe ás Bolboretas de Barallobre, grupo nacido no ano 2000. Teñen actuado en diferentes eventos culturais da parroquia como, un das máis recentes, a despedida aos alumnos extranxeiros do proxecto Comenius do IES de Fene. Gisela Sanmartín explicounos que o sabado actuarán no Encontro o grupo de cantareiras mozas, as que teñen entre 16 e 19 anos.
O seu repertorio bebe de cantigas de moitos lugares do país pero tamén de aprenderlle ás avoas cantigas da zona. Para escoitalas, este sabado 19 ás 8 da tarde na Liga, compartindo escenario con Xerfa, Mestura e O Cinguideiro.

Sociedade