Borja Ardá Campión Galego de Slalom da Agrupación I co coche escola da Escudería de Fene

Borja Ardá Campión Galego de Slalom da Agrupación I co coche escola da Escudería de Fene

10 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O coche escola da Escudería Scratch de Fene é único en todo o Estado español. No seu volante aprenderon a ser pilotos moitos rapaces que xa comezan a despuntar no circuito automovilístico galego. A Escudería fenesa volve a estar de noraboa, Borja Ardá, piloto de Neda que debutou en competición o ano pasado a bordo do Seat Ibiza 900 (Coche Escola da Escudería Scratch Fene) proclamouse esta fin de semana campión galego da Agrupación

O piloto da escudería fenesa, participou esta fin de semana en Valga, antepenúltima proba dun campionato que pechará o día 5 de decembro có V Slalom de Fene que organiza Scratch Fene. Borja, non tivo a mellor carreira da tempada xa que unha avaría mecánica non lle permitiu marcar bos rexistros pero, os bos resultados acadados no resto de probas onde participou, gañando en case todas elas, permitiulle a falla de 2 probas afianzarse coma campión. De cara a próxima tempada, Borja xa ten no seu poder un Peugeot 309 GTI có que espera estar presente novamente no Campionato de Slalom e en probas do Campionato Galego de Ralis, continuando deste xeito coa súa progresión da man do clube fenés.A Escudería Scratch Fene, deste xeito, obtén un novo éxito, sendo Borja Ardá o sucesor de Pablo López, piloto tamén de Scratch Fene que logrou o mesmo título na tempada pasada a bordo do mesmo vehículo. O programa de apoio ao deporte de base da Escudería Scratch Fene, segue a demostrar a súa valía formando dende a súa creación no ano 2007 a moitos pilotos que grazas a un proxecto que permite participar case sen gastos, logra a participación daqueles afeccionados que así o desexan (hai que recordar que este proxecto é único en todo o Estado).

Deportes