Brais Gen colga as suas fotos no Museo do Humor

Brais Gen colga as suas fotos no Museo do Humor

28 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fotos de Brais Gen incluídas na mostra “Sugerencia de presentación” colgan dende onte á tarde nas paredes do Museo de Humor de Fene. Fotos que impresionan nada máis velas. Fotos luminosas, ao máis puro estilo pop e con mensaxe. Son poucas pero merece a pena achegarse a velas.  Contounos onte na inauguración que o resultado final é froito de escenarios reais, personaxes reais, pero que son tratadas posteriormente, segundo nos explica o a

Brais Gen é Técnico Superior en Deseño Gráfico, completou os seus estudos con Belas Artes, talleres específicos de videoarte, debuxo, fotografía e seminarios de arte e creación. Traballa para institucións como docente de fotografía, organizando cursos e talleres. Fotos suas percorren neste momento diferentes países no marco do Festival de Videoarte  “Región 0” para o que foron seleccionados 40 artistas de todo mundo. New York , Cuba, México, Bos Aires, Londres e finalmente Lanzarote e Vigo, son as paradas desa iniciativa que partiu de Norteamérica.  De momento en Fene vemos “Sugerencia de presentación” pero o artista prepara xa unha nova mostra baixo o título “La frontera sur”.

Sociedade