"Bretemas da memoria", a homenaxe de Víctor Aneiros ao poeta Ramiro Fonte

"Bretemas da memoria", a homenaxe de Víctor Aneiros ao poeta Ramiro Fonte

12 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Ramiro Fonte era un grande poeta urbano e sabía transmitir coma ninguén a soidade das cidades", asegura o compositor e guitarrista Victor Aneiros. En vísperas do lanzamento do que será o seu quinto traballo, o músico ferrolán adiantou a Radiofusión que a meirande parte das cancións están inspiradas ou reproducen literalmente textos do escritor eumés. En total, son sete poemas de xuventude e da primeira madurez do poeta, aos que

Non é a primeira vez que Víctor Aneiros se achega á obra de Ramiro Fonte. No seu anterior disco xa recreara "Na barra", un tema no que aparecían moitas das obsesións do escritor: os ambientes nocturnos, os personaxes decadentes atrapados entre sombras, a atracción polo abismo ou as Ofelias afogadas na noite. Cautivado pola súa poesía, Aneiros decidiu adicar, prácticamente ao completo, o seu novo traballo ao escritor eumés, asegurando que "a poesía de Ramiro era puro blues".

“Brétemas da memoria” é un disco melancólico, como boa parte da obra de Ramiro Fonte, pero tamén desprende unha grande enerxía, coa guitarra de Víctor Aneiros e as aportacións dos músicos que o acompañan nesta nova aventura musical, grandes profesionais como Javier Vargas, Mauri Sanchís ou Roberto Somoza.

Sociedade