Burela forma a mesa local de comercio

Burela forma a mesa local de comercio

22 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi ven de comunicar que Jesús Modesto Quelle Vidal será o encargado da mesa local do comercio burelés.

A nova lei de comercio interior de Galicia dispón que se constitúa un organismo para o sector comercial, na que terán representación a administración local e autonómica e as asociacións de comerciantes. En Burela, non existía dita asociación, polo que se convocou ao sector para que elexiran un representante. O titular elixido foi Jesús Modesto Quelle Vidal e como suplente, Maria Isabel Castro González. Ambos rexentan negocios en Burela.

O concelleiro González Legazpi lembrou que a mesa local do comercio é “un órgano colexiado de participación, coordinación e colaboración entre as administracións locais e os axentes representativos do sector comercial”. No vindeiro pleno, levaranse a cabo os trámites correspondentes para a súa aprobación definitiva.

Institucional