Buscan a 4 persoas desaparecidas na praia do Orzán na Coruña

Buscan a 4 persoas desaparecidas na praia do Orzán na Coruña

27 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Un xove de nacionalidade estranxeira e 3 policias nacionais permanecen desaparecidos a esta hora na praia do Orzán na Coruña, segundo informa a Xefatura de Policia de Galicia. O mal tempo dificulta as tarefas de pescuda polo forte mar que azouta a zona.

A alerta desatouse sobre as 5,30 desta madrugada cando a Policia recibiu o aviso de 2 persoas que se daban un baño no mar e que tiñan dificultades para sair. Ao lugar se achegaron varias dotacións policiais. 3 policias metéronse na auga para intentar salvalos pero unha onda levounos mar adentro e están desaparecidos.

Na praia do Orzán hai un helicóptero, varias ambulancias, numerosos vehículos policiais e de bombeiros. Salvamento Marítimo rastrexa o mar -moi batido e con fortes ondas, hai declarada a alerta laranxa no litoral galego- para atopar aos desaparecidos.

Sociedade