Buscando o mellor cole

Buscando o mellor cole
18 de Febreiro, 2021 - 12:35 h. | Publicada por Radio Fene

Os centros escolares explotan as redes sociais para facer campaña en pleno período de prematrícula do curso 2021-2022. A Covid dificulta os dias de portas abertas ás familias.

Ola! Xa sabes que cole queres para as túas crianzas? Así empeza a presentación que a Anpa do colexio O Ramo de Barallobre fai do centro para atraer a nenos e nenas ás súas aulas no curso que ven 2021-2022. Estamos en plena campaña de reserva de matrícula e os centros esméranse por describirnos como son. A falta de dias de portas abertas en plena crise sanitaria teñen que explotar as redes sociais para promocionarse. Collemos este exemplo co centro do Ramo de Barallobre porque é directo e moi expresivo:

“ Se buscas un ambiente familiar nun agradable entorno rural preto do mar no que @s nen@s, ademais de aprender as asignaturas, aprendan a respectarse, a ter hábitos saudables, a respectar a natureza e os animais…Entón, o Ceip O Ramo é o cole que estás a buscar! Non agardes máis e vén facer a preinscripción para as túas crizanzas ao Ceip O Ramo!"

E acompañan o texto cun debuxo personalizado e a seguinte nota:

"Este marabilloso debuxo do cole é obra do noso compañeiro Alejandro Coedo, gran tesoureiro da Anpa e aínda mellor persoa.

Sociedade

Publica o teu comentario agora