Cúmprense 130 anos da botadura do primeiro barco con casco de ferro

Cúmprense 130 anos da botadura do primeiro barco con casco de ferro

10 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A botadura do cañoneiro Paz no estaleiro de Ferrol é o primeiro fito no que un barco con casco de ferro se lanza ao mar en España. Hoxe, 10 de agosto de 2011, cúmprese o 130 aniversario do acontecemento. Segundo o profesor da Universidade de Santiago, Alberto Lozano, na segunda metade do século XIX teñen lugar profundos cambios na construción naval. Esas transformacións implicaron a progresiva sustitución da vela pola máquina de vap

A quilla do Paz puxérase o 30 de outubro de 1879, pero os traballos non comezaron ata novembro de 1880, ao desbotarse os primeiros ferros que viñeran de Inglaterra. Tiña 35 metros de eslora por 6,60 de manga e 2,80 de puntal. O desprazamento alcanzaba as 216 toneladas. O enxeñeiro Julián Juanes realizou o proxecto e a máquina e as caldeiras se construiron en Sevilla.

O rei Alfonso XII presidiu a botadura en Ferrol e na súa alocución prometeu “levantar á Marina da postración na que xace e facer que volvamos ser en mar e en terra o que fomos na época gloriosa da nosa historia patria”. Así  relata a crónica do acto o pintor de Barallobre Antonio Jaspe, quen describe todo o acontecido, na revista “La Ilustración Gallega y Asturiana”.

Ás duas e media da tarde do día 10 de agosto de 1881, coa presencia dos reis de España, Alfonso XII e María Cristina, botouse en Ferrol o cañoneiro Paz. O nome do novo buque honraba á Infanta María de la Paz de Borbón y Borbón, filla da raíña Isabel II e irmá do rey Alfonso XII.

Sociedade