A cabeza de Roberto Vilar non para

A cabeza de Roberto Vilar non para

11 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O humorista e presentador de televisión Roberto Vilar (Os Tonechos, Land Rober), presenta en Narón- A Coruña- o show "A cabeza non para", un espectáculo de 90 minutos de sketches interpretados polas súas persoaxes máis coñecidas onde non faltará o popular "Felipe II", de Histerias de Hospital. O espectáculo chega ao Pazo da Cultura de Narón, ás nove da noite deste sábado.

Roberto Vilar celebra os seus 20 anos de carreira profesional cunha xira de humor por toda Galicia. A cabeza non para, pretende ser un show de gran formato, con cambios continuos de situación, e un ritmo e dinamismo nunca antes visto nun teatro galego no que calquera pode ser protagonista. Afirma o humorista que "pode pasar de todo en Narón, o sabado". Con algo de misterio declarou: "Vai pasar algo que será histórico e se cho conto, non o vas crer".

Sociedade