Caca, cu, peido, pis

A prende banda deseñada con Fiz, a obra máis recente de Kiko da Silva
04 de Xullo, 2019 - 10:44 h. | Publicada por Radio Fene

Novela gráfica, cómic ou novela cacagráfica. A banda deseñada de Kiko da Silva sométese ao escrutinio dos e das compoñentes do Club de Lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

A banda deseñada é unha maneira maravillosa de contar historias. A rapazada de todo o mundo, pero tamén os adultos, goza cos relatos debuxados que nunca deixaron de estar de moda. No Club de lectura de Radiofusión falamos con Kiko da Silva. A disculpa é o seu libro publicado recentemente, “Aprende banda deseñada con Fiz, o neno máis porco do mundo” editado por Xerais.

O Club de Lectura trasladouse nesta ocasión a Radio Redondela para falarmos co autor sobre o libro e moitos temas relacionados co debuxo, o humor, estilos, ou a súa traxectoria personal. Lorena, Tatty, Carlos Sardiña e Henrique Sanfiz charlan con Kiko da Silva, do libro e en xeral dos distintos formatos literarios ilustrados. Un libro que nos conduce pola historia do cómic e nos regala consellos para ser autores de comic.

Cultura

Publica o teu comentario agora