Cada partido parece o xuizo final

Cada partido parece o xuizo final
24 de Xuño, 2021 - 06:27 h. | Publicada por Radio Fene

Os estados de ánimo, as ilusións contáxianse. Xerouse moita corrente de opinión pouco positiva arredor da selección española de fútbol, opina o psicólogo José Barcia na súa intervención semanal en A Fenestra de Radio Fene. A polémica en torno ás vacinas non axudou a xerar un bo ambiente. Pero ademais, cando non se gaña todo se magnifica máis. Coa vitoria todo parece solucionado. 

ESCOITA O PODCAST:
José Barcia. Psicólogo

 A crítica é parte do fútbol como elemento de consumo, como produto, como negocio. Temos que aceptar que os medios de comunicación poden opinar e se non opinaran, o fútbol non xeraría tantas expectativas e tanto negocio. Tamén opinan as redes sociais. E a parte da opinión. Parece que hai un ambiente de opinión en xeral no que todo o mundo está enfadado por todo. En moitas ocasións dramatizamos en exceso.

Deportes

Publica o teu comentario agora