Cae a casa natal de Carvalho Calero en Ferrol

Cae a casa natal de Carvalho Calero en Ferrol

04 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A casa natal de Ricardo Carvalho Calero na rúa San Francisco de Ferrol veuse abaixo e provocou o corte das vias adxacentes. Colectivos culturais levaban anos demandando o arranxo da edificación como centro cultural. A vivenda do ilustre lingüista e intelectual permanecía desde hai tempo sen tellado.

Os bombeiros acudiron ao mediodía de onte a Ferrol Vello tras a caída dunha das paredes medianeiras da casa natal de Carvalho Calero. O corpo de seguridade foi alertado por persoal técnico do departamento municipal de Urbanismo, que se desprazou até o lugar e acordoaron tanto a Praza Vella, á que non se permite o acceso, como a rúa San Francisco, que permanece cortada ao tráfico. Un camión con guindastre e persoal técnico inspeccionaron á primeira hora da tarde o conxunto do tres edificios afectados. O Concello de Ferrol adquiriu as vivendas hai anos por 350.000 euros para ser reconvertidas en centro cívico do barrio. Os orzamentos municipais para este ano prevén un investimento de 168.000 euros.

Sociedade