Café? Sí, grazas

Café? Sí, grazas

11 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis dun cento de profesionais da hostalaría da comarca inscríbironse na I Xornada de Formación Café Medalla de Ouro Espresso e Capuccino. O evento, que se realiza por vez primeira en Galicia e que terá lugar o xoves 14 de xaneiro na Casa da Cultura de Fene, está organizado por Produtos do Café S.A. (Nestlé), así como a plataforma de distribución galega Diselma Café, e contará coa presenza de Filippo Cardi, coffeman d

A I Xornada de Formación Café Medalla de Ouro Espresso e Capuccino ten por obxecto mellorar a capacitación dos profesionais do sector da hostalaría na zona. Deste xeito, na cita ilustraranse as técnicas de elaboración da taza de espresso perfecta e do tratamento do leite para obter como resultado o auténtico capuccino italiano. O curso contará coa presenza dun dos máis recoñecidos coffeman internacionais, Filippo Cardi, representante de Cafè d?Autore. Doutra banda, en representación de Produtos do Café S.A. acudirá Antonio Merino tamén recoñecido experto no mundo do café. A cita desenvolveráse entre as dez da mañá e as oito da tarde este xoves na Casa da Cultura de Fene. Conta coa colaboración da Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca, así como de IEN por Europa (Iniciativa Empresarial do Noroeste). Produtos do Café S.A., marca rexistrada por Nestlé, é a maior empresa en España no sector da torrefacción e distribución do café, polo que lidera o ranking comercial nesta área con produtos de máxima calidade, como é o caso do café Premium Medalla de Ouro, orientado, xunto con outras marcas, á actividade profesional e que nesta ocasión dá nome ao curso. Diselma S.L., a plataforma de distribución que dirixe Eladio Romero e ten a súa sede en Neda, comercializa en Galicia para Produtos do Café S.A. e ten unha ampla implantación. As provincias de Ourense e da Coruña, nesta última con gran peso na comarca de Ferrol, centran esta actividade. A firma realiza tamén accións de promoción noutras zonas da Comunidade galega. 

Sociedade