ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os alcaldes dos once concellos polos que discorre o Camiño Natural de San Rosendo convocan para mañá sábado ás once, unha rota de nove qm. pola calzada romana entre Portela do Home e Río Caldo (Lobios). Unha camiñata co fin de reivindicar a declaración do itinerario como un ramal do camiño meridional a Santiago de Compostela, a Vía da Prata ao seu paso pola provincia de Ourense.
Recoñecer o camiño histórico portugués, o de maior tradición do Xacobeo é o obxectivo desta pregrinaxe, segundo explicou en Radiofusión o alcalde de Lobios (Ourense), José Lamela. O roteiro do Camiño de San Rosendo caracterízase polas tractivas paraxes que atravesa, como o emblemático Parque Natural do Xurés. Unha senda intensa polas súas fermosas paisaxes cun gran potencial histórico e de natureza. Nel ubícase a calzada romana e un amplolegado histórico e cultural, con representacións de culturas megalíticas, castros, ermidas, igrexas e mosteiros.
A rota precisa de diversas actuacións como a creación de albergues e das sinalizacións axeitadas. Para facerse escoitar continuarán con actividades reivindicativas para que sexa efectivo o recoñecemento do Camiño da Raíña como o camiño de Santiago por excelencia.
A andaina, que terá unha duración aproximada de dúas horas, está aberta á cidadanía de A Baixa Limia e Celanova, así como se agarda a asistencia de representantes institucionais, políticos e sociales dos concellos dos dous lados da fronteira desde Ourense ata Braga.