Camila Alonso acudirá ao Europeo de Turquía

Camila Alonso acudirá ao Europeo de Turquía

20 de Marzo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Camila Alonso é a única triatleta junior que nestes momentos ten asegurada a súa praza para competir no Campionato de Europa de tríatlon da súa categoría que se celebrará o 14 de xuño en Alanya, Turquía.
Segundo os criterios publicados pola Federación Española de Tríatlon, a ferrolá acudirá ao Europeo pola súa condición de actual campioa de España junior.

No seu último ano na categoría antes de dar o salto á idade sub-23, a junior do Tríatlon Ferrol afronta unha tempada 2013 na que aumentan as súas ilusións pola melloría que experimentou na súa tendinite aquílea. Esta lesión provocoulle competir con dor durante máis dun ano aínda que iso non impedise que se adxudicase os dous títulos de campioa de España tanto en tríatlon como en dúatlon a tempada pasada, sempre loitando polo triunfo coa súa agora compañeira do Tríatlon Ferrol Laura Gómez. A proxección de Camila Alonso confírmase este ano coa súa inclusión no equipo internacional Orbea-Orca e a aposta de marcas como Isostar para contar coa primeira triatleta española junior clasificada para o Europeo de Tríatlon 2013.

Sociedade