Candidato e anfitrión do PP

Fene será esta tarde o escenario do acto de presentación das candidaturas populares na comarca
06 de Novembro, 2018 - 01:00 h. | Publicada por Radio Fene

Gumersindo Galego será candidato á alcaldía de Fene por cuarta vez. Confía no apoio da veciñanza diante da actual acción de goberno. Reitera Galego que sempre defendeu que debe gobernar a forza máis votada.

ESCOITA O PODCAST:

Será a cuarta vez que Gumersindo Galego opte á alcaldía de Fene. Presentouse por primeira vez nos comicios de 2007. Gobernou na segunda ocasión (eleccións de 2011) e en parte do actual mandato, tras a moción de censura ao goberno do nacionalista Juventino Trigo. Esta tarde será nomeado oficialmente candidato á alcaldía de Fene por cuarta vez. Será nun acto convocado polo PP ás oito da tarde no CCRD de Perlío, en Fene. O presidente provincial do PP, Diego Calvo, presentará esta tarde as candidaturas dos numeros un do PP ás alcaldías de toda a comarca. Tamén estarán presentes os alcaldables de Ferrol e Narón, a pesar de que xa tiveron as súas proprias. Falamos esta mañá co alcalde e candidato de Fene Gumersindo Galego, anfitrión no acto desta tarde. Entre outras cousas afirma Galego que agarda ter o respaldo dos veciños e veciñas á vista da acción de goberno que está levando a cabo. E non descarta, se fose necesario, algún pacto de goberno, á vista do ben que funciona o pacto con Somos Fene. Pero, en todo caso, defende Gumersindo Galego que debe gobernar a forza máis votada. Escoitamos a breve conversa que mantivemos co alcaldable fenés do PP horas antes da súa proclamación.

Institucional

Publica o teu comentario agora