Cando volverá a normalidade?

Cando volverá a normalidade?

08 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e a concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, xiraron visita a residencia de maiores de Caranza, a única de xestión pública na cidade naval, que leva máis dun ano con dúas plantas pechadas por mor dunhas obras aínda incompletas que competen a Xunta de Galicia.

A residencia de Caranza foi construída hai 40 anos e ten 191 prazas. As obras para a súa reforma, concibidas no 2008, quedaron aparcadas en 2014 por problemas coa empresa adxudicataria e seguen pendentes de resolución administrativa no Consello Consultivo, segundo trasladou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao alcalde da cidade na xuntanza que ambos mantiveron en Compostela o 7 de agosto. O alcalde denuncia que, dacordo aos datos dos que dispón o Goberno local, preto de 40 persoas tiveron que ser trasladadas por mor deste peche das plantas e afastados do seu entorno familiar ata localidades como Vimianzo.

Sociedade