ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Que facer se o can ten medo a viaxar no coche? A etóloga veterinaria Noemí Graña explicou en Radio Fene que, se non queremos subministrarlle ningún medicamento, hai que acostumalo cun proceso no que é preciso estar asesorado. “Hai que facer que o can entenda que o coche non é malo, non pode subir ao coche ata que estea acostumado”, advertiu.
“Hai que acostumalo de xeito progresivo, primeiro subir ao coche, logo acender o coche, pero non viaxar ata que estea afeito”. Tamén deu recomendacións sobre como enriquecer os paseos dun can, explicou que as necesidades dependen do tipo de can e da súa idade, pero como mínimo “sería imprescindible un paseo de calidade”. “O ideal sería un paseo pola Natureza, con mecanismos de suxeición que sexan amables, un arnés pode ser”, sinalou e lembrou que “os colares de afogo están de afogo están prohibidos por lei desde 2017.
Noemí dá resposta a cuestións sobre a saúde e o benestar das mascotas que se poden trasladar ás redes sociais de Radio Fene, en Facebook, X, Instagram e Youtube.Tamén é posible enviar un whatsapp ao 659 193 663.Por correo electrónico a noticias@radiofusion.eu. Ou chamando por teléfono ao número 981 49 27 73.
Publica o teu comentario agora