Cans de Asturias e Galicia exhiben condicións físicas no I Trofeo Redondela de Agility

Cans de Asturias e Galicia exhiben condicións físicas no I Trofeo Redondela de Agility

19 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Cans de todas as razas e tamaños, competidores da Liga Rexional Noroeste, que engloba a Galicia e Asturias, mostrarán as súas condicións físicas no I Trofeo Concello de Redondela de Agility que se disputará a vindeira fin de semana no anexo do campo de fútbol de Santa Mariña.

A proba desenvolverase a partir das 16.00 horas do sábado organizado polos clubs Agility Patas-Arion e Terrameiga

 

O Agility naceu no Reino Unido no ano 1977 inspirado nos concursos hípicos de salto e, actualmente, estase loitando para que sexa recoñecido como un deporte. Esta proba consiste en levar ao can sen colar e sen correa a través dun percorrido con obstáculos seguindo unhas regras específicas.

As probas que se disputarán en Redondela entre a tarde do sábado e o domingo a partir das 09.00 horas correspóndense coa segunda e terceira xornada da Liga rexional Noroeste, na que figura como primeiro clasificado Julio Freire, do club Agility Patas-Arion organizador do trofeo, cos seus cans Darko e Elsa, da raza border clollies.

Durante o campionato, con entrada libre, terá lugar, ademais, unha exhibición de adestramento de cans a cargo do Club Terrameiga de Redondela. Ademais haberá tamén unha exhibición de cans adestrados para prestar axuda a persoas discapacitadas.

Sociedade