Canteira de tenistas

Canteira de tenistas
16 de Xuño, 2023 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Con 307 alumnos e alumnas, a escola de tenis de Fene bateu este curso a súa propia marca. Hai canteira. Este ano conquistaron varios campionatos e subcampionatos galegos, informou a Radio Fene Ruben Justo, director da escola “Justo al revés”.

ESCOITA O PODCAST:

O tenis xa non é un deporte elitista e ten demanda en Fene, declarou Ruben Justo. A escola de tenis “Justo al revés” ofrece campamentos de verán para nenos e nenas. Do 26 de xuño ata 25 de agosto. Destinados a menores de 3 a 16 anos. Serán en horario de mañá, coa posibilidade de quedar a xantar. Celebraranse nas pistas do Círculo de Perlío e, no caso de chuvia, nas instalacións do colexio Jorge Juan. Para os adultos as clases serán a partir das oito da tarde. No mesmo horario de inverno. 

Deportes

Publica o teu comentario agora