As cantigas de amigo galego-portuguesas protagonizarán un exclusivo concerto na Illa de San Simón

As cantigas de amigo galego-portuguesas protagonizarán un exclusivo concerto na Illa de San Simón

11 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Cores do Atlántico, este é o nome dun libro-disco que onte saía á venda apadriñado pola asociación Ponte... nas Ondas! e PAI Música. O traballo colle como referente as cantigas de amigo da tradición medieval para darlles un toque contempor&aac

Non rematan aquí as actividades na Illa de San Simón, xa que tamén o venres na ermida da Illa poderá verse a exposición coas láminas de Quique Bordell, presentes no libro. O artista lucense vai explicando cada unha das composicións poéticas coa súa linguaxe, entre surrealista e pop, e usando a técnica do collage. O vermello e o laranxa cobran protagonismo para remarcar unhas ilustracións de vestimentas que semellan tiradas de publicacións sobre moda de fins do século XIX e primeiros do XX, así como outras de cervos, corazóns ou boxeadores.

O contido desta mostra tamén poderá ser visualizado a través de Internet, xa que a retransmisión do evento e de todo canto se desenvolva na illa dará comezo xa a partir das sete e media da tarde.

A idea de Cores do Atlántico partiu da propia Socorro Lira, que levou a cabo unha adaptación contemporánea das cantigas integrando as sonoridades galegas, portuguesas, africanas e, especialmente, brasileiras. É dicir, neste traballo atopamos ritmos brasileiros como a ciranda, a samba, o batuque, o baião, o congo, o aboio ou a toada nordestina, interprétanse as cantigas de amigo dunha forma transgresora e ao mesmo tempo harmoniosa.

Socorro Lira coordina e tamén interpreta as cantigas, pero non está soa. Cores do Atlántico contou coas colaboracións das Cirandeiras de Caiana de Crioulos, de Margareth Menezes e Cida Moreira, da guineana Eneida Marta, dos portugueses João Afonso e Teresa Paiva e das galegas Leilía e Uxía.

Esta revisión das cantigas de amigo xorde da interpretación teórica elaborada pola especialista en literatura medieval, en linguas románicas e doutora pola Universidade de Utrech, Ria Lemaire, autora dun traballo de divulgación sobre as cantigas de amigo como as primeiras mostras do patrimonio cultural galego-portugués que nos chegaron por vía culta.

Ria Lemaire fai unha novidosa lectura do contexto e do significado destas cantigas como expresións dunha tradición oral que se mantén viva no territorio de orixe e nos demais lugares onde chegou, ben por procesos de colonización ou levada por emigrantes máis tarde. E, sobre todo, defende a autoría feminina nas cantigas de amigo, facendo unha louvanza ás mulleres daquela época.

Cultura