Capitán Orozco, un lobo de mar en Maniños

Capitán Orozco, un lobo de mar en Maniños

14 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade O Pote de Maniños inaugura as Xornadas Culturais das Letras galegas cunha recreación histórica sobre un personaxe singular, o capitán Orozco. Tres historiadores, Lucía Costas, Carola Macedo e Henrique Sanfiz indagaron sobre as orixes deste militar que participou no episodio na denominada Armada Invencible e se instalou en Maniños (Fene) no śeculo XVII. Da sua singladura queda en pé o Pazo da Ribeira de Maniños.

Alonso de Orozco instalouse en Maniños onde construiu o Pazo da Ribeira na primeira metade do século XVII . “O Capitán Orozco, un lobo de mar en Maniños” é o título da conferencia desta tarde, ás 20,30h no Pote. Henrique Sanfíz adiantounos algo sobre este personaxe do non queda máis pegada que o pazo onde habitou e a sua tumba na igrexa vella de Maniños.

Ca exposición de traballos do alumnado das escolas da Sociedade O Pote ábrese a celebración das Letras Galegas na Sociedade. A inauguración da mostra será ás 19.00h. Mañán, mércores 15 de maio,para Maniños será o dia do teatro, coa representación de “Sempronio” a cargo dos Amigos do Teatro de Narón. (ás 20:30h).

Sociedade