Capital do encaixe

Capital do encaixe
03 de Abril, 2024 - 05:56 h. | Publicada por Radio Fene

Fene converterase na capital do encaixe nun encontro que reunirá máis de 300 palilleiras no pavillón A Xunqueira de San Valentín. A concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, informou dos preparativos da Xuntanza de Palilleiras de Fene prevista para o sábado 13 de abril

 

ESCOITA O PODCAST:

Palilleiras procedentes de distintos puntos de Galicia daranse cita en Fene para exhibir os seus delicados labores. A Xuntanza de Palilleiras e outros labores tradicionais de Fene reunirá 307 palilleiras, 45 escolas e instalaranse 32 postos variados. Organizada polo Concello, coa colaboración do CPS de San Valentín, a Asociación Veciñal San Xurxo de Magalofes, a Liga de Amigos de Barallobre e Agarimo de Sillobre. “Como sempre as sociedades son un puntal forte e para os sorteos temos moita colaboración dos postos e do comercio”, destacou a concelleira. Ás 10.30 será a recepción das palilleiras, a inauguración oficial terá lugar ás 11.30. Pola mañá está prevista unha exhibición de baile e á tarde terá lugar un sorteo. A clausura está prevista para as 19 horas.  

 

Institucional

Publica o teu comentario agora