Carente de dereito e de clemencia

Carente de dereito e de clemencia
19 de Xaneiro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O investigador Luís Lamela recolle a memoria da loita contra a ditadura. Inclúe a biografía de 48 guerrilleiros antifranquistas no libro “A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista” publicado por Editorial Laiovento. Moitos deles da comarca de Ferrol, Xan de Xenaro, Antonio Castro “Tocho”, Manuel Vilar, Xosé Vilariño, Ramiro Carbón, e así ata 48.  En abril de 1939 finaliza a guerra civil e o 1 de setembro dese mesmo ano comeza a Segunda Guerra Mundial. O contexto internacional vai ser decisivo no proceso de formación da guerrilla a partir da xente que escapara da represión, Por exemplo, Foucellas participara na defensa da República da Coruña, para intentar parar o golpe de estado dos militares, segundo Luís Lamela.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

Foi unha época de feroz enfrontamento entre uns poucos individuos que ansiaban recuperar a democracia republicana, a liberdade personal e política, defendendo a súa propia supervivencia; e aqueles que sostiñan a ditadura de Francisco Franco, nun estado carente de dereito e de clemencia. 
Conversaron con Luís Lamela no club de lectura de Radio Fene Radiofusión, Ana Santiago, Antonio Tizón e Henrique Sanfiz.

Fotografia Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora