A carestía da educación e da ignorancia

A carestía da educación e da ignorancia

17 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Se a educación é cara, canto custa a ignorancia? Facíase esa pregunta un dos participantes na movilización que este mediodia se desenvolveu en Ferrol contra os recortes no Ensino. A pesar do tempo desapacible, máis de 500 rapaces e rapazas secundaron a convocatoria do Sindicato de Estudiantes. Nas aulas dos centros da comarca falta hoxe arredor do 65-70% dos escolares de ESO, Bacherelato e ciclos formativos. Concentráronse ás doce do mediodia na Porta N

Os estudantes de secundaria, en folga dende onte, saíron ás rúas de Ferrol esta mañá para protestar contra a reforma do Ministro Wert e contra os recortes no ensino público. O Sindicato de Estudantes congregou a uns 500 estudantes ás 12 diante do edificio da Xunta, mentras que Galiza Nova convocou na Praza 10 de marzo. Os datos barallan as organizacións convocantes nesta segunda xornada de folga rondan o 60% de non asistencia ás aulas. A folga estudantil verase reforzada mañá, último dia do paro, polas asociacións de pais e nais.  A falta de profesorado está a ter unhas consecuencias nefastas para a calidade do ensino, segundo o representante do Sindicato de Estudiantes Marcos Abad.

A que se aveciña, de prosperar a contrarreforma do ministro Wert, é gravísima, porque os filtros que quere poñer xa na ESO fará que queden no camiño moitos estudantes e que chegar ao ensino superior sexa cousa duns poucos, segundo o dirixente estudantil.

Sociedade