Carlos Callón: “Quen sinta acougo pola mudanza na Mesa confúndese completamente”

Carlos Callón: “Quen sinta acougo pola mudanza na Mesa confúndese completamente”

25 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

Un poemario que editará Xerais no mes de xuño figura entre os vindeiros proxectos de Carlos Callón. Servirá para escoitalo cunha voz “máis persoal”. Porque a colectiva, a que facía de altofalante para A Mesa pola Normalización Lingüística, mestúrase no multitudinario coro de asociados para que sexa outra voz a que se escoite en nome de todos. Callón cede mañ&aacute

Carlos Callón estivo á fronte da asociación en defensa do galego durante unha ducia de anos. Ao facer unha peneira do mellor e do peor da súa traxectoria, fica cunha época: a da volta do PP ao Goberno da Xunta. Coincidíu coas “maiores manifestacións en defensa da lingua galega, as maiores en defensa dunha lingua en Europa e no mundo”. Mais iso aconteceu porque nesa altura, “co comezo da gran recesión, coinciden ataques feroces a nivel político e mediático contra a nosa organización que tentan criminalizarnos”. “Chegouse a pór en risco a continuidade da asociación”, alerta Callón, mais destaca que “traballamos para evitalo e saímos reforzado”.

Antes do relevo, o aínda presidente oufánase de que A Mesa se converteu en “ferramenta para canalizar a enerxía cidadá de defensa do noso idioma”. Ese traballo serviulle para gañar amigos e amigas, os moitos que celebraron a tarefa que Iria Taibo e mais el desenvolveron ao temón da asociación, mais tamén algún que outro inimigo. Puidera ser que entre estes haxa alivio pola súa marcha da presidencia, mais Carlos Callón advirte: “Quen sinta acougo confúndese completamente, porque o que facemos é multiplicar as forzas”. Con el “na sala de máquinas”, será o equipo de Marcos Maceira o que “continuará cos acertos” e terá a capacidade de “corrixir erros”.

Sociedade