Carlos do Río (CIG) : “O futuro de Correos pende dun fío”

Carlos do Río (CIG) : “O futuro de Correos pende dun fío”

26 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Correos atravesa unha grave situación económica, segundo a Confederación Intersindical Galega (CIG). “Albíscase para á empresa estatal con maior número de persoal, un futuro escuro e incerto cun gran recurte de traballo por mor da privatización de servizos”. A sombra da quebra axexa como espada de Damocles, segundo o sindicato. Negocian vías de solución e anuncian mobilizacións se non se garante o emprego.  

O actual estado de Correos repercute negativamente nas condicións laborais dos empregados, na prestación de servizos e conleva a destrucción de postos de traballo, afirmou esta mañá o responsable comarcal da CIG- Correos de Ferrol, Carlos do Río. Varios factores desencadearon esta alarmante situación económica, como o déficit do 2009-2010 que ascende a 150 millóns de euros, afirmou. O recurte presupostario do goberno de 96 millóns de euros en inversións provoca incumprimentos no deber de prestar un servizo postal universal. De feito, a crise de correos azouta con maior forza o mundo rural, indica o sindicato. A media que tarda unha carta en chegar oa rural desde que se envía ata que se recibe e de D+3 (día de imposición máis tres días). "O correo rural non é rendible".

A crise económica xeralizada conlevou a unha menor demanda do servizo postal á que contribuiu “a catástrofica xestión da empresa” indica a CIG. A dirección de correos vén de anunciar un drástico recurte na contratación de persoal eventual para este 2010, o que supón un 80% menos que no 2009. A nivel galego implica 442 postos de traballo menos, sinalou do Río. En Galicia o plantel de Correos ascende a 4 mil empregados máis 600 contratos eventuais. “Esta contratación elimínase nun 80%, desaparecendo 441 carteiros.”  Desde a CIG denunciánse as vacantes por xubilacións no rural. Os postos non se cubren e o traballo o teñen que asumir outros compañeiros de oficina co conseguinte retraso no reparto. A Mesa Sectorial de Correos reuniráse nas vindeiras semanas. Alí a CIG demandará vias de solución á situación da empresa.

Sociedade