ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Tradicoro de Airiños de Fene quitará unha espiñiña esta fin de semana. Actuarán o sábado, 13 de abril, en Asturias, na localidade do Entrego, unha zona mineira na que poden ofrecer, por fin, o seu repertorio. Ese concerto estaba previsto para o ano 2020, pero daquela tivo que ser suspendido debido á pandemia do coronavirus que tanto trastornou as nosas vidas, como lembra o director do Tradicoro de Fene Miguel Doval.
“O Tradicoro vaille dar carpetazo á pandemia, era unha espiñiña, íamos facelo xusto dous días antes de pechar”, explica Miguel Doval. Viaxarán a Asturias as 22 voces que forman o Tradicoro. Interpretarán música de raíz tradicional de raíz de aquí e de outros países. O concerto que ofrecerán xunto co Coro de San Andrés no Teatro Municipal do Entrego o sábado, día 13, ás sete e media da tarde, é a primeira saída fóra de Galicia do Tradicoro de Airiños de Fene. Sen dúbida non será a última.
Publica o teu comentario agora