Carta de Julio Iglesias ao alcalde de Ferrol

Carta de Julio Iglesias ao alcalde de Ferrol

27 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Ares, o socialista Julio Iglesias, vén de remitirlle unha carta ao rexedor de Ferrol e presidente da Mancomunidade, o popular José Manuel Rey, co obxectivo de que cumpra o acordado o pasado luns na reunión deste organismo supramunicipal e faga extensiva a invitación á reunión recén convocada polo presidente de SEPI, Ramón Aguirre, para o día 4 na Coruña aos 21 alcaldes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, ademai

Refírese o máximo responsable do Concello de Ares á decisión de José Manuel Rey de anular a viaxe planificada pola Mancomunidade o vindeiro día 6 para forzar unha reunión con Aguirre para esixirlle a construcción do dique e de carga de traballo unha vez que este último vén de convocar en exclusiva aos nove alcaldes do organismo supramunicipal para o día 4 na Delegación do Goberno da Coruña. Como subliñou Iglesias, o presidente da SEPI non foi quen de resposta á solicitude plantexada pola Mancomunidade durante quince días, polo que a convocatoria de agora é “totalmente extemporánea” e realizada cando xa hai unha decisión adoptada polo conxunto de rexedores o pasado luns.

Polo tanto, o alcalde aresán considera que o presidente da Mancomunidade debe manter dito acordo –os rexedores e o comité de empresa xa foran avisados, ademais, desa viaxe a Madrid, que se faría nun autobús fletado o día 5 pola noite-, que da resposta non só ao que decidiron na reunión celebrada o día 25 no Consistorio ferrolán, senón que atende ao clamor popular dunha comarca que, como en citas anteriores, saiu masivamente ás rúas o pasado domingo en defensa do sector naval.

Sociedade