As cartas do IMSERSO recibiranse este mes

As cartas do IMSERSO recibiranse este mes
05 de Novembro, 2021 - 12:58 h. | Publicada por Radio Fene

As viaxes do Imserso comezarán despois do 5 de decembro. Xa neste mes comezarán a chegar as cartas cos destinos, segundo a información de Organiza viaxes, da avenida Marqués de Figueroa en Fene. Unha vez adxudicado o programa de turismo social, o organismo dependente do Ministerio de Dereitos Sociais enviará as misivas con toda a información da tempada 2021-2022.

ESCOITA O PODCAST:
Rebeca García, de Organiza viaxes

A axencia de viaxes Organiza programa unha excursión ao Castelo de Soutomaior, Pontesampaio e Vigo para o domingo 5 de decembro. Comerase en Arcade e logo haberá tempo para pasear por Vigo, ver a iluminación de Nadal e incluso subir na noria. Xa contan con 20 reservas e queren chegar ás 50 persoas para encher un autobús. O prezo ascende a 35 euros. A viaxe de volta sairá ás nove da noite. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora