Carvalho Calero cumpre 100 anos

Carvalho Calero cumpre 100 anos

31 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha estatua lembra a Don Ricardo Carvalho Calero nas inmediacións da Alameda de Santiago de Compostela. Inaugurouse onte, coincidindo co centenario do nacemento do que foi primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade compostelán. A Fundación Meendinho impulsou a iniciativa que reclama o idioma de Galicia, Portugal e Brasil, «conhecido entre nós popularmente como galego e internacionalmente como portugués»

José Molares realizou o monumento con granito de Porriño. A filla do homenaxeado Margarita Carballo interveu no acto lembrando os "numerosos atrancos e zancadillas que tivo que sortear en vida" o seu pai, ainda que non lle impediron "pelexar polos obxectivos que se marcou".

 

Sociedade