A Casa da Troia abre o seu museo na Semana Santa.

A Casa da Troia abre o seu museo na Semana Santa.

19 de Marzo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Museo Casa da Troia abre de novo as súas portas ao público durante a Semana Santa. Poderá visitarse entre os días 22 e 31 de marzo, polas mañás en horario de 11:00 a 14:00 horas e polas tardes de 16:00 a 20:00 horas. Estará pechado, como é habitual, os domingos pola tarde e os luns durante todo o día. O venres 22 o museo recibirá a visita da Asociación de Guías de Galicia. E o sábado 23 acollerá unha ses

O Museo Casa da Troia recrea a pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago a finais do século XIX que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela “La Casa de la Troya”. Nela aloxábase o personaxe principal, Gerardo Roquer, e os seus compañeiros de estudos. Está xestionado pola Asociación de Antigos Tunos Composteláns, que se constituíu en 1979 co propósito de “crear e conservar un Museo Troiano no que se recrease o ambiente estudantil compostelá, fomentar as tradicións universitarias, ademais de colaborar na promoción e realización de actos culturais na cidade” -tal como sinala o seu presidente, Benigno Amor Barreiro-.

Dende 1886 ata 1906 a Casa da Troia funcionou como hospedaría de estudantes. A súa dona orixinaria é Generosa Carollo, propietaria da pensión na que se desenvolve a novela. En anos sucesivos viviron nela varias familias, ata a década de 1960, momento no que se pecha debido ao seu estado de deterioración.

O 24 de marzo de 1966, no programa de radio da Cadena Ser "Ustedes son formidables", presentado por Alberto Oliveras e que estaba dedicado á recadación de fondos para causas sociais, lográronse reunir 500.000 pesetas para adquirir a vella hospedaría estudantil da Troia e rehabilitala. O Concello de Santiago adquire a casa pero a súa rehabilitación non se materializa ata principios dos anos noventa. Baleirouse para tratar de reproducir o ambiente e a distribución dos pisos, acorde coa época na que transcorre a novela. E en 1993 abre as súas portas como museo, grazas ao esforzo do mecenas Benigno Amor Rodríguez.

Sociedade