As castañas dos Ancares en Madrid e Barcelona

As castañas dos Ancares en Madrid e Barcelona

21 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Dinamizar á poboación como protagonista do seu desenvolvemento, é un dos obxectivos do GDR 5 Os Ancares- Courel. A través da canalización de axudas da Unión Europea a través do Plan Leader e doutras institucións, a asociación pretende o empoderamanto da poboación local e unha mellor na calidade de vida nestas zonas da Montaña de Lugo. Promocionaron xa un proxecto para comercializar castañas e outros produtos da zona en Madri

Queren colaborar con outras zonas da península con habitats similares para aprender en común estratexias para levar servizos a lugares de escaso poboamento. Medidas para favorecer a convivencia da gandería coa fauna salvaxe, a búsqueda do aproveitamento económico con valores medioambientais, o turismo sostible ou a comercialización de produtos autoctonos de calidade en  Madrid e Barcelona son outras estratexias de actuación. Desde a súa oficina en Becerreá, o GDR canaliza e asesora ás persoas interesadas en obter apoio para todo tipo de proxectos de desenvolvemento.

Sociedade