Catro entidades de beneficiencia ferrolás recibirán 100 mil euros do Parlamento galego

Catro entidades de beneficiencia ferrolás recibirán 100 mil euros do Parlamento galego

24 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O plan de austeridade e racionalización do gasto público posto en marcha polo Parlamento galego destina preto de 100.000 euros á cidade de Ferrol. As axudas repartíranse tendo en conta criterios de equidade, segundo informou esta mañá a Deputada do PP, a ferrolá, Natalia Barros. As entidades beneficiadas son a Cocina Económica, a Fundación Santo Hospital de Caridad, Cáritas Diocesana e Dignidad Ferrol. 

Barros avanzaba que dentro das políticas de austeridade e de solidaridade impulsadas pola Cámara Galego, decidíase habilitar unha partida extraordinaria de axudas a institucións, asociacións e ONG’s que atenden comedores sociais en Galicia. Sobre todo, os que prestan servizo a un elevado número de persoas, tendo en conta o contexto de crise actual.   

As axudas repartiranse seguindo criterios de equidade, en función do número de usuarios que teñen a diario. Entregaráse unha cantidade fixa cuxa cuantía será igual para todos os comedores e unha variable segundo as persoas que acuden a eles diariamente. En concreto, as catro entidades ferrolás acollen unha media de 400 comensais cada xornada.

Sociedade